Blogia

Andresadas

ROSA DOS VENTOS DE JAIRO IGLESIAS XA TEN PÁXINA WEB

ROSA DOS VENTOS DE JAIRO IGLESIAS XA TEN PÁXINA WEB

A ESTREA ESTÁ PREVISTA PARA MEDIADOS DE MAIO A curtametraxe Rosa dos ventos escrita e dirixida por Jairo Iglesias xa dispón de páxina web na dirección www.rosadosventos.es con toda a información sobre a cinta. Ata o momento o director santiagués redactaba as vivencias do equipo a través dun diario de rodaxe que seguirá funcionando na web oficial.  Nesta produción participou un impresionante reparto actoral coñecido no panorama audiovisual galego: Belén Constenla (no papel de Rosa), Miguel Borines, María Castro e Fernando Morán. A curta narra a unha historia de amor e soidade na costa da morte. “O marido de Rosa non está. Levouno o mar. A chegada á vila de Sara fará que Rosa se atope cara a cara co paso do tempo” en palabras do realizador. Comeza así a campaña de promoción que semana a semana irá desvelando os segredos da curta ata a estrea prevista para mediados de maio en Malpica, Coruña e Santiago de Compostela. A curtametraxe conta co apoio da Xunta de Galicia, producida por produccionesRETRATO e Mr.Misto Films e coa colaboración do Concello de Malpica, PousadaSon, Recreativos Ogeppik, Dobleclic.info, Gadisa e Alcomte Galicia.

JAIRO IGLESIAS ESTRENA CICATRICES EN PONTEVEDRA

Este mércores estréase ás 13.00h Cicatrices, a segunda curtametraxe do realizador santiagués Jairo Iglesias. O acto celebrarase na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de A Xunqueira en Pontevedra, onde despois da proxección da curtametraxe realizarase unha charla-coloquio á que acudirán Jairo Iglesias (director), Sara Horta (axudante de dirección e coprodutora xunto a Iglesias), Andrés Rozados (encargado de publicidade e relacións públicas) e Estíbaliz Veiga, unha das actrices protagonistas. Os asistentes terán a oportunidade de disipar tódalas súas dúbidas, de coñecer como foi a realización da curtametraxe e cales son os proxectos que Jairo Iglesias está a argallar. Trala realización da súa primeira curta titulada Retrato, Iglesias presenta en Pontevedra a súa segunda obra: Cicatrices. Rodada na Coruña en febreiro deste año, conta cun reparto de auténtico luxo con actrices da talla de Isabel Blanco (que continúa coa promoción de `1 franco, 14 pesetas´), Estíbaliz Veiga (que xa participou na primeira curta do santiagués) e Xabier Deive (que vén de finalizar a rodaxe con Carmen Maura de ‘El menor de los males’).Elena (Isabel Blanco) foi unha muller maltratada polo seu marido. Mar (Estíbaliz Veiga) saíu adiante exercendo a prostitución. El (Xabier Deive) é un ex alcohólico. Cicatrices fala sobre a violencia de xénero a partir da vida de tres persoas que tratan de superar o seu pasado a través de terapias de grupo. A finais de 2005, Iglesias e Horta crearon produccionesRETRATO. Esta produtora aposta pola xente nova, moitos deles estudantes na Escola de Imaxe e Son de A Coruña, e tamén xente con experiencia como Andrés Victorero (director de fotografía) e Ruth Casado (Dirección de arte). Trala rodaxe de Cicatrices, atópase embarcada nun novo proxecto titulado Rosa dos ventos. Esta cinta (en proceso de postprodución) trata a historia de Rosa, viúva porque ao seu marido Andrés levouno o mar. Cicatrices ten unha duración de 15 minutos e foi rodada en vídeo de alta definición, producido por produccionesRETRATO en coprodución con Formatoriginal e coa colaboración de PousadaSon, Dobleclic, e Hoteles Zenit. Coa estrea da súa segunda curta, Iglesias comparte o sétimo arte cos pontevedreses.

Cidade de Deus

<object width=

Cidade de Deus. O barrio máis perigoso de Río de Janeiro. Nun lugar onde as bandas e os locais para vender droga estaban a orde do día. Fernando Meirelles realizou unha película asombrosa sobre a realidade deste barrio durante os anos 60 e 70. Nel conta a Historia do Trío Ternura, formado por Cabeleira, Marreco e Alicate. Os primeiros bandidos de Cidade de Deus... Pero as grandes bandas estaban por chegar e nos anos 70, Ze Pequenho convertiuse no dono de Cidade de Deus... Soamente quedaba un inimigo: Cenoura... Unha loita entre as dúas bandas convirte o barrio nun campo de batalla. Por outra banda, o noso narrador, Buscapé non quere convertirse nun bandido, nen nun narcotraficante: el quere ser fotógrafo. O seu xeito de conta-la historia fai que nos involucremos totalmente nela.

Un auténtico peliculón. Aconsello a todo o mundo que a vexa... Pouco a pouco, irei comentando máis cousas da película, unha das miñas favoritas.

"Dadinho é o caralho, meu nome é Zé Pequeno porra!".

All right now

JAIRO IGLESIAS ESTREA CICATRICES EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O próximo sábado 30 a partir das 22 horas no colexio A Salle poderase ver por primeira vez CICATRICES, a segunda curtametraxe de Jairo Iglesias, rodada en A Coruña en febreiro deste ano. 

O reparto está composto por Isabel Blanco (que continúa a promocionar ‘1 franco 14 pesetas’), Xabi Deive (que vén de finalizar a rodaxe con Carmen Maura de ‘El menor de los males’) e Estíbaliz Veiga (embarcada no novo proxecto de Dygra ‘Os mortos van deprisa’). 

A estrea, libre e aberta ao público en xeral, está patrocinada por produccionesRETRATO, empresa de Sara Horta e Iglesias, A Salle, Alcomte Galicia e Acotés.  A curtametraxe trata sobre a violencia de xénero a través de tres terapias de grupo diferentes onde os protagonistas intentan superar o seu pasado.  Ten unha duración de 15 minutos e foi rodada en vídeo de alta definición, producida por produccionesRETRATO en coprodución con Formatoriginal e coa colaboración de PousadaSon, Dobleclic, e Hoteles Zenit.  

CONTACTO  

Para máis información pode contactar en: 

www.produccionesretrato.com 

www.jairoiglesias.com

Canción do vagho (look down to see it!)

All we are saying is give peace a chance... or say it better... Give Lazy a chance!!!

Leo e Arremecaghona presenta este videoclip como ghit do verán e tema principal do seu novo disco. Esperemos que teña sorte e vaia apologhit!.

<object width=

Give Peace a Chance

Two, one, two, three, four
Ev'rybody's talking about
Bagism, Shagism, Dragism, Madism,
Ragism, Tagism
This-ism, That-ism, is-m, is-m, is-m
All we are saying is give piece a chance,
All we are saying is give piece a chance
C'mon
Ev'rybody's talking about ministers,
Sinister, Banisters
And canisters, Bishops, Fishops,
Rabbis, and Pop eyes, Bye, bye, bye byes
All we are saying is give peace a chance,
All we are saying is give peace a chance
Let me tell you now
Revoluton, evolution, masturbation,
Flagellation, regulation, integrations,
Meditations, United Nations,
Congratulations
Ev'rybody's talking about
John and Yoko, Timmy Leary, Rosemary,
Tommy Smothers, Bobby Dylan,
Tommy Copper,
Derek Taylor, Norman Mailer,
Allen Ginsberg, Hare Krishna,
Hare
Krishna

Jesús non é Chechu...

<object width=

COMEZA A RODAXE DA NOVA CURTA DE JAIRO IGLESIAS

O luns 4 de setembro na vila de Malpica de Bergantiños comezará a rodaxe da nova curta do realizador santiagués Jairo Iglesias. Belén Constenla protagoniza xunto a Miguel Borines, María Castro e Fernando Morán unha historia de amor e soidade na costa da morte. ‘Ó marido de Rosa levouno o mar fai tempo e intenta vivir dos recordos, pero descobre que non son suficientes para calmar o baleiro de tantos anos de soidade’ en palabras do director. Supón a primeira curta en galego do realizador santiagués ‘porque esta historia non tería sentido noutra lingua, é unha historia galega, próxima e real’. A curta conta co apoio da Xunta de Galicia, producida por produccionesRETRATO e coproducida por Formatoriginal. Tamén contan coa colaboración do Concello de Malpica, PousadaSon e Dobleclic.info. Na páxina web www.rosadosventos.es pódese ler un diario de rodaxe do director mentres está sendo deseñada outra páxina web especial para a promoción. Tamar Novas foi o director de cásting da curta, facendo un traballo espléndido, e o equipo que traballou con Iglesias nos seus anteriores traballos mantense practicamente igual.  A curta terá unha duración aproximada de 17 minutos e gravarase en Alta Definición.       

INFORMACIÓN DE PRODUCIÓN

DURACIÓN APROXIMADA                             17 minutos. 

FORMATO DE GRAVACIÓN                           ALTA DEFINICIÓN 

LOCALIZACIÓNS                                          MALPICA DE BERGANTIÑOS ( A CORUÑA)                               

RODAXE                                                    SETE DÍAS                                                                                                                                  

SINOPSE

 O marido de Rosa non volverá. Levouno o mar.Ela busca consolo nos recordos pero descobre que non son suficientes para calmar o baleiro de tantos anos de soidade.   

CONTACTO 

Para máis información pode contactar en: 

www.produccionesretrato.com 

www.jairoiglesias.com  

PÁXINA WEB DA CURTA – www.rosadosventos.es 

Pepe de Sarandón

Onte tiven que entrar nunha igrexa. Por desgraza entrara nunha hai pouco por mor dun ano sen Óscar. Nesta ocasión, fun porque levo un ano sen o meu avó... Se e que entrei nunha racha... verdadeiramente fatal... Nunha variante do Ché Guevara (aínda que o meu avó non tiña nada que ver con el no apartado ideolóxico), meu avó sempre dicía: "Antes morrer traballando que postrado nunha cama"... E así foi... Era desas persoas que non deixaba as cousas para mañá, nin para despois, nin moito menos a medias. Acababa todo o que comezaba... E por culpa de querer arranxar un tellado, quedamos sen el... Aínda que inesperado e cruel para a familia e para el (xa que caeu ás dúas da tarde e aguantou ata as oito... é grande para todo), vexo que cumpriu o seu propósito. Traballou ata o último momento. Se tivera que elixir unha palabra para describir o meu avó sería PERSEVERENCIA.

Dentro da igrexa, coa miña avoa á esquerda e a miña irmá a dereita, na primeira fila, vía como nada máis nin nada menos que cinco curas estaban para da-la misa. Cando un sacerdote novo comezou coa frase: Estamos aquí para celebra-lo aniversario do falecemento de José Rozados... Eu comecei a lembrar tódolos bos momentos que pasaba co meu avó... Cando de pequeno me bañaba no río baixo a súa atenta mirada e sorriso, cando me levaba coa piragua dando un paseo polo Ulla, cando me daba clases de botánica, explicándome de que árbore se trataba e que froito daba, cando me levaba ó Celta e el contemplaba o partido cun semblante serio, tranquilo...

Ademais desas lembranzas puntuais, acordábame do que era un día con el. Chegabamos no coche e el inmediatamente saía, coas súas catiuscas (así se chamabamos nós), coa súa gorra de Hero, Bograo ou demais e o seu paociño entre dentes. A súa beira estaba Río, o seu segundo can, agarrado pola corda, toleando para vir onda nós. Estes recordos son máis recentes... Entrabamos na casa, logo de atar a Río, e falabamos de todo, lembro unha frase que a min facíame graza: "os gobernos de dereita están para reunir cartos e os de esquerda para malgastalos" e ese recordo uníuselle o do 96, cando onda as eleccións pregunteille a quen votara e dixo: "O Aznar"... Eu respondinlle: "No abuelo no, tienes que votar a Felipe" Non me preguntedes porqué, pero de pequeno era felipista... a saber porqué...

Alá sobre as sete da tarde, a min entrábame a fame, e o meu avó decatábase e dicíame: "Queres merendar?" Eu asentía coa cabeza... El xa sabía de sobra o que me gustaba: eses bocadillos que facía con queixo e pan, que quentaba na tixola, e con moito agarimo e precisión aplastaba coa tapa dunha pequena pota que tiña o seu carón. Miña irmá, sempre foi ben tímida e recatada, e mirábame mal se aceitaba, pedía ou comía aqueles bocadillos... Nunca quere aceitar cousas dos demais... Se é dalgún maleante enténdoo, pero do teu avó... En fin...

Desconetei un momento deses recordos e escoitei o cura dicir: "... coma ás veces cando estamos a falar polo móbil e non recibimos o que nos escoita... A nós ás veces pásanos o mesmo con Deus..." Despois dun alarde propagandístico da Igrexa de aproximadamente vinte minutos, o cura dignouse a da-la Santa Misa, nunca millor dito...

Despois de estar alí ben posicionado durante media hora, na que ían, viñan e volvían os recordos do meu avó: o sorriso cando o Celta lle gañou un a cero ó Barcelona, os seus paseos dun lado a outro coas mans nos petos, revolvendo sempre todo o que tiña no seu interior, as súas frases pausadas e ben estruturadas cando me estaba a explicar algo, as súas liortas con Río cando este non lle facía caso... Rematou a misa, despois de ter que erguer e sentar a miña irmá para que seguira o protocolo da misa, ó que cada vez lle vou pillando máis e máis o tranganillo. Cando o cura dixo: "Dádevos fraternalmente á man", unha moza a miña dereita díxome: "A paz sexa contigo", aínda que iso descobríno logo de que mo dixera. Eu respostei todo serio: "Grazas"...

Ó marchar, decateime de que levaba unha camiseta de Caramuxo que pon: Mexan por nós e temos que dicir que chove... E eu pensando: "Aínda por riba veño provocando"... Vin os cinco curas e pregunteille o meu pai: "Haille que pagar ós cinco curas?" El fixo un xesto de que me calase acompañado dunha risa leve e saímos da igrexa. Logo de máis dunha hora despedíndonos dos familiares que asistiron, ós que, por desgraza, sempre vemos nesta clase de acontecementos, volvín para Pontevedra, co meu avó na cabeza e cunha das últimas frases do meu tío Luis, irmán do meu avó, que lle dixo ó meu pai: "Saíuche un fillo seguidor de Castelao..."

O peor director de tódolos tempos...

Edward D. Wood Jr... Máis coñecido coma Ed Wood, foi un director de cine do máis peculiar e apaixoado. Quizais non tiña os medios, o equipo, os actores, as millores técnicas, pero a súa ilusión superaba con creces o seu talento. Era capaz de realizar máis de trinta esceas nunha soa noite. Dicir corten sen pestanexar quedara como quedara ó final, para el o importante era acaba-la película canto antes...

Foi un grande amigo do millor Drácula de tódolos tempos: Bela Lugosi, actor que interpretou en tres das súas películas (a terceira foi rematada por un dobre) o papel protagonista. Buscou actores entre os seus amigos, outros lle eran asignados polas produtoras (cousa que el detestaba). A súa primeira moza interpretou tamén outros dous papeis nas súas dúas primeiras películas: Glen or Glenda e A noiva do monstruo (título que lle foi cambiado pola súa produtora, xa que el quería títula-la película A noiva do átomo).

Tan só tiven a oportunidade de ve-la súa primeira película, Glen o Glenda, e pódovos dicir que é mala, pero non tanto como poidades imaxinar... Os curiosos fundidos de Bela cunha estampida, os lóstregos no meio do filme... Aconsévollos que vexades a película de Tim Burton protagonizada por Johnny Depp titulada Ed Wood, porque enteredes perfectamente como era a paixón do director, como realizaba as películas... Aprenderedes como é o amor ó cine.

Un ano sen ti...

Un ano sen ti...

Hai algo máis dun ano, quedamos sen todo un amigo. Un rapaz que estaba nos bos e nos malos momentos. Agora cando estás camiñando pola vida, dáste conta que el non segue contigo o teu carón. E iso é duro. Moi duro. Non nos imaxinabamos que ía pasar nunca unha cousa coma este. Pero pasan. E sempre ós mellores. As boas persoas, que están cun sorriso dende primeira hora da mañá... Cun sorriso... Sempre cun sorriso. Así é como o lembro...

A continuación, coloco unha ligazón a unha carta que os seus irmáns escribiron con toda a súa paixón e agarimo. Sei que non hai ninguén millor que eles para expresar os nosos sentimentos. Dos teus irmáns, Óscar, permítome adxuntar ese precioso escrito.

É incrible comprobar como as cousas poden cambiar dun día para outro, nun minuto, nun segundo. Pensamos que todas as pezas están no seu sitio, preocupándonos por asentar perfectamente as máis pequenas, as máis insignificantes, cando, sen darnos conta, rómpese a que suxeita todas as demais.

Transcorreu un ano da nosa nova vida. Una vida amarga, cruel, de ollos chorosos e bágoas perdidas que sempre se empeñan en regresar. Unha vida na que, non sen esforzo, tratamos de esbozar un sorriso ante os recordos que nos asaltan a cada intre.
Fai un ano, o noso irmán foise sen poder dicirnos adeus.

A cada paso que damos, tratamos de senti-la súa presenza, desexando que nos guie por uns camiños que agora apenas teñen sentido. Avanzamos con dificultade, tentando atrapar e reter na memoria o recordo dos seus ollos, da súa alegría, de todo aquelo que gardaba no corazón. No corazón máis grande que chegamos a coñecer. E así, pensando nel, todo se dilúe, paran as horas, e notamos, sen querelo, que a súa ausencia nos mata.

No mesmo lugar en que hoxe o recordamos, antes viñemos a despedilo, aferrándonos á necesidade de que esa despedida non sexa definitiva, de que un día nos agarde, coa man estendida, para recuperar todo o tempo que o destino quixo arrebatarnos.

Aínda estou convencido de que hai esperanza. A veces crémola infundada, a veces baldía, pero é esperanza ó fin e o cabo.

E é que, alá onde estea, é feliz. E fai felices a todos os que disfrutan da súa compaña, da mesma maneira que nos facía felices a nós.

Sei que moitos expresarían o que sinten coas mesmas palabras que nós utilizamos hoxe. Pois que ninguén dubide en dicilas, el escoitanos.

Oscar, querémosche e botámosche de menos.

Sergio e Fátima

Chamábanlle Marita

María de las Mercedes López Yáñez... Ese era o seu nome... Pero todo o mundo lle dicía: "Bo día Marita"... Era unha desas persoas que todo o mundo coñecía, e desas persoas que merece a pena coñecer. Sobre todo, se tes a sorte de que che toque como avóa. Que che coide, che eduque, che maleduque, che rife... Eu era o seu ESCACHAPEDRIÑAS...

Pola mañá, abría os ollos... O primeiro que escoitaba era a bucina do furgoneta... Eu dicía para min: "Xa chegou o pan". O histérico e malhumorado can de Paco, Tristón, comezaba a ladrar e ouvear de tal xeito que non había ninguén que seguira durmindo. Era un peculiar e orixinal galo, que indicaba que xa eran as dez e media da mañá. Eu miraba cara a cama da miña esquerda a ver se a miña avóa seguía alí. Facíao sempre, era un acto reflexo meu, aínda que sabía de sobra que ela xa estaba abaixo dende as nove de mañá, senón era dende antes. A veciña Jessica comezaba a correr para avisar a miña avóa... "Marita, o pan!!!" Marita pegaba un sprint que deixaría atrás a Carl Lewis... Eu baixaba, pero antes diso tiña que facer a cama antes de que se enterase miña avóa senón xa estaba ela empurrándome para que non a fixera. Baixaba e xa tiña posto o café, a marmalada, as galletas... todo de todo...

Pola tarde, despois dunha enchenta na comida, Marita comezaba a sesión de ganchillo, ó mesmo tempo que vía o que ela chamaba A NOVELA. Xa fora Amar en tiempos de guerra, Agujetas de color de rosa, Abigail... Eu ás veces quedaba con ela, e escoitáballe murmullar: "Que mala é, que mal becho!" referíndose a unha das malas e benvistas das novelas. Eu polas tardes ía a praia mentres Marita se encargaba de benfacer paniños, vestidiños e salvamanteis para veciñas, curmás, amigas, e para toda aquela que tivera un embarazo de tres meses... Ela equipaba a tódolos bebés que fora posible... É case imposible que ningún dos bebés que coñezo non teña algo feito por Marita. Á volta da praia, ela estaba esperando... Non podía tardar cinco, dez e moito menos quince minutos en chegar a casa... Temía que Marita estivese a chamar ó Exército, a Garda Civil ou o Bar Ramos onde paraba a tomar o xelado de rigor.

Polas noites, sentados fronte o televisor aínda que, sen facerlle moito caso a este, xogabamos o parchís, a brisca, a escoba e a oca. Ela era un hacha ó parchís. Se unha ficha miña se aproximaba o máis minímo ela dicía: "Escapa Marita". Se vía que podía perder dicíame: trampullán, que es un trampullán... Logo quedaba durmidiña no sofá. Eu non a espertaba quedábame mirando para ela e sempre me arrincaba un sorriso da cara. Cando espertaba dicíame: Vamos a durmir... E xa na cama, mentres ela dicía a súas oracións ,eu lía un libro de cómics que ela mercara en Valdoviño (quen se non ela mo ía mercar). De despedida, dicía sempre: "Ata mañá se Deus quere".

Quérote Marita.

Tu piel morena... sobre la arena

Esta mítica canción pasará os anais da historia (aínda que sexa da "nosa" historia) por ser promocionada por un chaval simpático, graciosete, divertido e con un gran corazón. Moitos xoves de piscina temos sufrido os rapaces da miña clase de 4º de EXB e mais eu escoitando esta canción de Viceversa mentras as mozas cantaban sen cesar... Aínda que, sendo francos, prefiro que cantaran esta e non as de Laura Pausini...

Na parte esquerda, tedes un reproductor Youtube, para ver a Mejo en estado puro, cantando para Los 40, Tu piel morena, a coñecida canción de Viceversa... Pasou moito tempo promocionándoa e vaia ser ben pouco as liñas que lle adico para adicarlle a canción, e aproveitar tamén, para decirlle que é un tipo caralludo e dos mellores que coñecín e coñecerei. Esta canción e o vídeo para ti.

Ha llegado el momento de decir la verdad
tengo que tener fuerzas para poderte hablar.
Espero que no te rías ni rehuyas de
cuando te diga que estoy enamorado de ti.
Tu piel morena sobre la arena,
nadas igual que una sirena.
Tu pelo suelto moldea el viento,
cuando te miro me pongo contento.
Y si miro al horizonte puedo ver
como las olas pelean por tocar tu piel.
Y si miro al horizonte puedo ver
como las olas pelean por tocar tu piel.

Tu piel morena sobre la arena,
nadas igual que una sirena.
Tu pelo suelto moldea el viento,
cuando te miro me pongo contento.

Desde mi ventana veo la playa
y estás tumbada en la toalla.
Quiero que escuches mis sentimientos
y que no ignores lo que estoy diciendo.
Como no me pude imaginar
que algún día se iba a marchar.
Ahora estoy sentado aquí en la arena
esperando a que algún día vuelva ella.
Tu piel morena sobre la arena,
nadas igual que una sirena.
Tu pelo suelto moldea el viento,
cuando te miro me pongo contento.

Y si miro al horizonte puedo ver
como las olas pelean por tocar tu piel.

Vitalic: toda unha bebida...

Aquí colócovos unha ligazón en Youtube (tamén o tedes na parte da esquerda)

Este é un traballo que fixemos para Tecnoloxía nos Medios Audiovisuais. A idea xurdiu a partir da música... Escoitando a BSO da peli The Full Monty apareceu esta anuncio para unha bebida enerxética... Espero que vos guste e que vos riades con este traballo...
P.D.Levounos gravalo tan só vintecinco minutos... A montaxe foi menos doada...